CASCO



Levamos 30 anos traballando pola inserción e a integración de todos os colectivos máis desfavorecidos. Para fortalecer a nosa iniciativa LGTBQA+ desenvolvemos un novo proxecto de prevención destinado a toda a poboación e á súa diversidade. Así o Sex Point queremos que sexa un punto permanente de información e solución ás ITS para todos os colectivos e queremos compartir contigo todas as nosas propostas.



Educación afectiva-sexual


O noso Sex Point será un punto de encontro permanente para as túas dúbidas, inquietudes e necesidades. Pero non nos queremos quedar aí. Tamén queremos ir cara a ti.
A prevención a través da Educación será clave para o noso obxectivo e para iso desenvolvémolo en:

Centros Estudantís

Centros Penais

Centros Cívicos

Asociacións

E facemos fincapé nas contornas rurais da nosa comarca e accións de rúa directas para sensibilizar e inculcar a nosa mensaxe cando máis vulnerables somos.



Proba rápida de VIH


Somos un dos puntos autorizados e formados pola Xunta de Galicia para a realización da proba rápida de VIH. Pide cita no noso teléfono ou whatsapp:

698 14 02 51



Asesoría on- line


Queremos desenvolver un sistema de asesoría e formación on- line para poder estar conectados con todas as persoas que o necesiten e sobre todo para as nosas iniciativas para a contorna rural a fin de ser o máis cómodo e prácticos para vós.

Desenvolvemos un whatsapp permanente para que sexa o máis directo e inmediato para todos vós. Non teñades ningún medo para preguntarnos as vosas dúbidas.

698 14 02 51

Tamén para todos, pero en especial para a xente que temos máis lonxe en fitos rurais; dispoñemos dun skype. Agréganos: sexpoint casco
Lembra que estamos para axudarche cando, onde e como queiras.


Mediación




Contacto


Podes contactar connosco a través destas modalidades:

sexpointcasco@gmail.com

698 14 02 51
Ou tamén podes vir visitarnos a:

Rúa Santander 15, baixo.

Estaremos encantados de recibirche en calquera deles.